Nesta páxina pretendemos dar a coñecer os proxectos que realizamos dende o colexio e que gardan relación coa meteoroloxía. Ao primeiro deles démoslle o nome de Meteonoalla e ao segundo Meteolanzada.
Para o primeiro contamos no centro con dúas estacións que nos proporcionan diversos datos cos que poder traballar; o segundo baséase na instalación dunha boia oceanográfica na praia da Lanzada, coa cal tamén realizamos diversas propostas educativas.